A Deputación inicia esta semana 38 novos obradoiros de +Xuntas en 20 concellos da provincia
+Xuntas é un programa provincial destinado a promover a igualdade a través de actividades formativas que chegarán neste 2024 a entidades de 53 concellos
16/09/2024
A Deputación de Pontevedra comeza esta semana novas actividades formativas do programa +Xuntas que mobilizarán un total de 38 colectivos de 20 concellos da provincia: A Estrada, A Illa de Arousa, A Lama, Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Lalín, Mos, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Silleda, Valga, Vigo, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa. Mulleres de entidades sociais destas localidades iniciarán as actividades formativas incluídas nesta iniciativa da Deputación que busca promover a igualdade, un dos grandes compromisos e obxectivos transversais do goberno da institución provincial.
Este luns 16 de setembro comezan sete obradoiros: usuarias da Asociación de Veciños Blarqueiros de Noceda (Lalín) e da Asociación de Mulleres Dorna da Parroquia do Cristo da Victoria (Vigo) comezarán o curso de alfabetización dixital II; mulleres da Asociación Veciñal e Cultural San Martiño de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) o de conservación de alimentos, conservas e encurtidos; da Asociación Mulleres Rurais de Ribeira (A Estrada) o de arte floral; da Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois (A Estrada) o de pilates; da Federación COGAMI Pontevedra (Mos) o obradoiro de autoestima e comunicación asertivas, e usuarias de Down Pontevedra Xuntos o de teatro.
O martes 17 de setembro iniciarán os seus cursos un total de nove entidades sociais. A Asociación de Mulleres Ardefur (Cuntis), a Asociación de Veciños San Mamed de Torroso (Mos) e a Asociación de Veciños Nosa Terra de Alcabre (Vigo) comezarán o curso de conservación de alimentos, conservas e encurtidos; a Asociación de Mulleres Rurais San Xoán de Santeles (A Estrada) e a Asociación de Mulleres Arela (Poio) o obradoiro de plantas medicinais; a Asociación de Mulleres en Igualdade de Madriñán (Lalín) o de risoterapia; a Asociación Cultural Deportiva Cidadelle (Redondela) o de xardinería; a Asociación de Veciños San Miguel de Lamela (Silleda) o de pilates, e Asociación Mulleres Rurais, Consumidoras e Culturales ‘Albor’ (Valga) o de arte floral.
Pola súa banda, o mércores 18 de setembro comezarán +Xuntas 10 entidades. Usuarias da Asociación Veciñal de Fragas (Campo Lameiro), da Asociación de Veciños de Angoares (Ponteareas), do Centro Cultural, Deportivo e Social O Coto (Salceda de Caselas) comezarán o curso de conservación de alimentos, conservas e encurtidos; mulleres da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras (Mos) e da Asociación de Mulleres Féminas en Acción (Vilanova de Arousa) o de ioga; de Mulleres en Igualdade Cerededo-Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas (Cerdedo-Cotobade) o de risoterapia; da Asociación de Mulleres Rurais, Consumidoras e Culturais Andrés de Vea (A Estrada) o de pilates; da Asociación de Mulleres en Igualdade de Cercio (Lalín) o obradoiro de plantas medicinais; da Sociedade Cultural do Vigo (Redondela) o de artesanía en coiro, e usuarias da Asociación Mulleres Rurais Consumidoras e Culturais Sementeira (Redondela) o de pintura.
O xoves 19 de setembro a Asociación de Mulleres en Igualdade de Santiso (Lalín) e a Asociación de Veciños de Beade AVCU-CSCR (Vigo) iniciarán o curso de musicoterapia; a Asociación de Mulleres Rurais Mar e Agro de Bueu o de teatro; a Asociación de Veciños Santa Apolonia de Guimarei (A Estrada) o de conservación de alimentos, conservas e encurtidos; a Asociación de Mulleres Rurais San Vicente (A Illa de Arousa) o de arte floral; a Asociación de Veciños Salcedo-Norte (Pontevedra) o de pintura e a Asociación de Mulleres Rurais de Loño (Vila de Cruces) o de pilates.
Pola súa banda, o venres 20 de setembro usuarias da Asociación de Veciños San Gregorio de Corredoira (Cerdedo-Cotobade) comezarán o curso de musicoterapia; da Asociación de Mulleres do Verdugo (Ponte Caldelas) o club de lectura violeta; da Asociación de Mulleres Rurais Santa Isabel (Silleda) o de horta ecolóxica, e da Asociación de Veciños San Roque (Vigo) o de conservación de alimentos, conservas e encurtidos. Por último, o sábado 21 de setembro a Asociación de Veciños Verdecedo de los Barrios de Berducido (A Lama) comezará o curso de arte floral.
No marco do programa +Xuntas este ano terán lugar 207 obradoiros dirixidos a entidades de 53 concellos da provincia que traballan na promoción das mulleres, apoiando o seu desenvolvemento. O programa ten un orzamento de 325.000 euros e chegará a máis de 5.000 mulleres, xa que cada un dos cursos está dirixido a un máximo dunhas 20-25 persoas. Ás entidades ofrecéronselle 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.
Os obradoiros de +Xuntas adxudicáronse a colectivos de Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.