A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, asiste á acción do programa “Mulleres en acción. Violencia zero”
06/09/2023
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, asistiu á nova acción do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, que protagonizaron as artistas Montse Piñeiro e Cristina Bolívar na praza da Peixería de Vilagarcía de Arousa. As dúas creadoras ofreceron a peza ‘Nosa señora dos coidados’ que, mesturando videoinstalación e performance, fixo un percorrido expositivo centrado en como os coidados recaeron principalmente nas mulleres ao longo da historia. A deputada lembrou que, malia os cambios que se produciron nos últimos anos, “a realidade é que preto do 90% das persoas coidadoras no ámbito familiar somos aínda agora as mulleres, o que repercute tanto na nosa carga de tarefas diarias como na nosa saúde física e mental”. Sandra Bastos engadiu que “a igualdade segue a ser un dos grandes retos da sociedade actual e mulleres e homes precisamos ter as mesmas oportunidades”, polo que “desde a Deputación seguiremos traballando para conseguilo”.