A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa “SmartPeme”

Os obradoiros serán telemáticos e centraranse na ciberseguridade e na programación con Arduino

15/04/2024

A Deputación de Pontevedra, a través do programa “SmartPeme” de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas incluídas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que terán lugar de xeito telemático, abordarán cuestións relacionadas coa ciberseguridade e coa programación a través de Arduino.

A primeira das accións formativas da semana terá lugar o luns, 15 de abril, ás 10:30 horas. Trátase de Ciberseguridade, o que Non Se Ve da Navegación na Internet, un obradoiro no que Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, presentará os riscos aos que todas as persoas que empregan internet están expostos.

O xoves 18, de 10:30 a 13:30 horas, terá lugar o obradoiro Programación con Arduino Módulo I–Parte I, tamén impartido por Manuel Freire. Trátase do primeiro obradoiro teórico en liña do itinerario sobre programación con Arduino no que, cunha duración de 24 horas, se impartirá formación en liña e presencial.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.