O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, reuniuse esta mañá coa directora do Museo, Ángeles Tilve, e a nova directora de xestión, Cruz Farto

02/10/2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, reuniuse esta mañá coa directora do Museo, Ángeles Tilve, e a nova directora de xestión, Cruz Farto. Ambas mulleres, as primeiras en tomar as rendas do Museo de Pontevedra nos seus preto de 100 anos de historia, teñen unha longa traxectoria laboral vinculada á Deputación de Pontevedra. Co seu nomeamento, efectivo dende o 1 de outubro, Domínguez ten por obxectivo modernizar e adaptar a xestión e a dirección do Museo aos desafíos e oportunidades que se presentan no ámbito cultural e museístico, incluíndo a dixitalización e a incorporación das novas tecnoloxías. Ademais, tamén pretende impulsar as coleccións propias do museo e promover a creación de experiencias para os visitantes, fomentando a colaboración con outras institucións culturais locais, autonómicas, nacionais e internacionais, para fortalecer sinerxías e enriquecer a oferta cultural da provincia.