O deputado de Xuventude, Jorge Cubela, reúnese con dúas alumnas da Universidade de Vigo que están a organizar o Congreso do Consello Nacional de Estudantes de Dereito
16/01/2024
O deputado delegado de Xuventude, Jorge Cubela, acaba de reunirse no Pazo Provincial con Sandra Martínez e Carla Fernández, alumnas do Grao de Dereito da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, para afondar en posibles liñas de colaboración de cara á organización do próximo Congreso do Consello Nacional de Estudantes de Dereito (CONEDE) no que ambas mozas están implicadas.
CONEDE trátase dunha asociación de estudantes que reúne a representantes de alumnos da titulación de Dereito de máis de 75 universidades españolas, sendo a única a nivel nacional presente en todas as negociacións que afectan ao alumnado deste Grao universitario. Organiza dúas veces ao ano un congreso no que se levan a cabo diferentes sesións formativas con persoas de relevancia do ámbito xurídico.