Marta Fernández-Tapias reuniuse co presidente e co adestrador do Club de Piragüismo Verducido-Pontillón

19/12/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, acaba de reunirse co presidente Javier Villanueva Pérez e co adestrador Francisco Javier Casal do Club de Piragüismo Verducido-Pontillón, no Pazo provincial. Na xuntanza, a vicepresidenta amosou a vontade de abrir vías de colaboración co club deportivo de cara aos próximos meses e remarcou o compromiso da institución provincial co deporte, ao que destinará no 2024 máis de 9,5 millóns de euros, un 20 % máis que este ano.