Luis López e Marta Fernández-Tapias reciben a nova presidenta da Federación Española de Baloncesto, Elisa Aguilar, e o titular da Federación Galega, Julio Bernárdez
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta primeira, Marta Fernández-Tapias, recibiron este martes no Pazo provincial a nova presidenta da Federación Española de Baloncesto, Elisa Aguilar, que estivo acompañada polo titular da Federación Galega, Julio Bernárdez. Durante o encontro, os dirixentes felicitaron a Aguilar polo seu recente nomeamento e polo feito de ser a primeira muller en dirixir o baloncesto español.
14/11/2023
O encontro serviu tamén para coñecer os proxectos nos que están a traballar ambas as dúas federacións. Neste sentido, Luis López remarcou que o apoio ao deporte é un dos piares do Goberno da Deputación, como se demostra co incremento da partida destinada á Área de Deportes no recentemente aprobado Orzamento, que aumenta un 19 %, ata os 5,5 millóns. López e Fernández-Tapias comprometéronse tamén a colaborar cos entes federativos en todas as iniciativas que sexan beneficiosas para o baloncesto pontevedrés.