Marta Fernández-Tapias participou na presentación da segunda edición do Gastro Movida Summit
14/11/2023
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou na presentación da segunda edición do Gastro Movida Summit, unha cita que reunirá en Vigo, entre o 19 e o 21 de novembro, profesionais do sector gastronómico.
Na súa intervención, a responsable provincial de Vigo e da súa área de influencia lembrou que a cidade ten “o mellor produto que existe e os chefs con máis talento. Son os ingredientes perfectos para que a cidade mostre o seu potencial e, ao mesmo tempo, se promocione como destino turístico”.
A vicepresidenta provincial remarcou que “Gastro Movida é a panca perfecta para difundir contidos de valor da industria da gastronomía e, por iso, desde a Deputación temos clara a importancia de apoiar e estar presentes en eventos coma este, que fan que Pontevedra vaia a máis”.