Rafa Domínguez participa na presentación do selo de Correos dedicado á Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra

08/04/2025

O deputado provincial Javier Tourís

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta mañá no acto de presentación do selo de Correos dedicado á Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra. Trátase dun selo co que se conmemora o centenario da Coral e cuxa presentación se enmarca na exposición “Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, cen anos de música coral en Galicia” que acolle o Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

No acto, no que se deron cita xunto co vicepresidente provincial a directora de Filatelia e Relacións Institucionais de Correos, Nuria Lera, a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve, e o presidente da Coral, Carlos Valle, detallouse que o selo terá unha tirada de 70.000 exemplares, que xa se pode adquirir nas oficinas de Correos, e que reproduce o emblema da Coral sobre un coro en plena actuación. Ao remate da presentación tivo lugar o tradicional mataselado de honra.

 

 

 

 

 

 

 

 

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.