Rafa Domínguez asiste ao concerto do centenario da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra
09/04/2025
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura Jorge Cubela, asistiu en San Francisco ao concerto do centenario da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra dirixido por Nanette Sánchez. A Polifónica, que protagoniza por estes cen anos de vida unha exposición no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, replicou no concerto, o 718 da súa historia, pezas de música sacra, algunhas delas cantadas naquel 9 de abril de 1925 polos fundadores, entre eles o primeiro director, Blanco Porto, e figuras tan destacadas como Losada Diéguez, Castelao e Igrexas Vilarelle. Acompañou á Coral no concerto do seu centenario Alejo Amoedo, ao piano, e actuaron como solistas as sopranos Pilar Baamonde, Pilar García e Marta Valbuena.