Rafa Domínguez participa no acto de apertura da oitava edición do festival Novos Cinemas

13/12/2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta tarde no arranque da oitava edición do festival Novos Cinemas que comezou coa proxección da película Á procura da estrela. Domínguez destacou a importancia deste evento, “que se ten convertido xa nunha cita ineludible para o audiovisual e que atrae en cada edición a máis persoas de fóra das nosas fronteiras”.

Sobre a proposta programática, o vicepresidente enxalzou a inclusión de filmes no festival dirixidos por pontevedreses como Carlos Martínez ou Ángel Filgueira. “Satisfainos ver como o cinema con selo pontevedrés goza dunha excelente saúde o que manifesta que o talento desborda nesta provincia e somos un gran referente no audiovisual”. Ademais, Domínguez aproveitou a ocasión para manifestar o compromiso da Deputación de Pontevedra co cinema e animou a organización do festival a seguir traballando “para impulsar o talento audiovisual emerxente e seguir situando Pontevedra como referente do cinema internacional”.

Galerias de imaxes