O deputado Jorge Cubela asistiu á presentación da oitava edición de Novos Cinemas

27/11/2023

Cubela na inauguración de novos cinemas

O deputado de Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, asistiu á presentación da oitava edición de Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, que terá lugar entre os días 12 e 17 de decembro.

Cubela loou esta cita, que nos últimos oito anos “se converteu nun festival ineludible para o audiovisual e para a provincia, atraendo cada vez a máis persoas de fóra das nosas fronteiras”. Ademais, asegurou que a Deputación de Pontevedra “traballa para que esta provincia sexa coñecida pola excelencia, pola creatividade e pola vangarda no eido cultural. E, por iso, estamos moi comprometidos co audiovisual, cos creadores e con citas coma Novos Cinemas”. Nesta liña, lembrou que a institución provincial investirá o vindeiro ano máis de 4,7 millóns de euros para impulsar o sector cultural da provincia, “porque é, e merece seguir sendo no futuro, unha referencia en todo o mundo”.

Ligazóns de interese

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.