Rafa Domínguez fai entrega do Premio Ceres de Novos Cinemas, o galardón dedicado a curtas de centros de ensinanza e formación de España e Portugal
14/12/2024
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe na pontevedresa Sala Zennet no acto de entrega de premios da novena edición do Festival Novos Cinemas. Domínguez foi o encargado de entregar o Premio Ceres de Novos Cinemas ao gañador desta sección que se incorporou este ano por vez primeira ao certame para promover curtametraxes desenvolvidas en centros de ensinanza e formación cinematográfica e audiovisual de España e Portugal.