Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia que o escritor impartirá no Edificio Castelao do Museo

30/01/2025

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia que o escritor impartirá no Edificio Castelao do Museo como antesala da segunda edición do Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, que volverá celebrarse no mes de outubro na cidade.

A conferencia de Gamboa, escritor, filólogo, columnista, correspondente, xornalista, diplomático e unha das voces máis innovadoras da nova narrativa colombiana, terá lugar este venres ás 19:30 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Ligazóns de interese

Galerias de imaxes