Luis López recibe no Pazo provincial ao escritor e xornalista colombiano Santiago Gamboa

31/01/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro institucional co escritor e xornalista colombiano Santiago Gamboa, quen ten previsto impartir unha conferencia este venres no Museo de Pontevedra aproveitando unha visita persoal á provincia. Durante a reunión, na que tamén estivo presente o deputado de Cultura, Jorge Cubela; López e Gamboa intercambiaron impresións sobre os atractivos culturais e naturais das Rías Baixas, así como sobre iniciativas da Deputación como o certame Pontevedra Literaria.