Luis López asiste á presentación do libro “Pontevedra haciendo memoria” do xornalista Rafael López Torre no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

04/06/2024

Presentación do libro Pontevedra haciendo memoria

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado Jorge Cubela, asistiu este martes á presentación do libro do xornalista Rafael López Torres titulado "Pontevedra haciendo memoria".

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou neste acto enmarcado na celebración do 170 aniversario de Faro de Vigo e que tivo lugar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. Ademais do autor do quinto volume da serie "De vuelta y media", tamén tomaron parte da presentación o director xeral de prensa Ibérica en Galicia, Juan Carlos Da Silva, e o director xeral de contidos de Mediaset e autor do prólogo, Manuel Villanueva