A Deputación acomete obras de mantemento nun paso superior sobre a estrada EP-7201 en Forcarei

Os traballos, que visitaron hoxe o deputado Santos Héctor e o alcalde en funcións José de la Fuente, buscan garantir a seguridade viaria

12/09/2022

Obrasw EP 7201 Forcarei

A Deputación de Pontevedra está a acometer unha actuación de conservación e mantemento dun paso superior sobre o trazado da estrada provincial EP-7201 Cachafeiro-Silleda, ao seu paso polo concello de Forcarei, na que está a investir  50.000 euros. As obras, que hoxe visitaron o deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde en funcións José de la Fuente, teñen por obxecto garantir a seguridade desta ponte, que está situada no punto quilométrico 2+248.

A necesidade das obras apreciouse durante as inspeccións que regularmente leva a cabo a Deputación e decidiuse a actuación para garantir a preservación, no marco a aposta da Administración provincial para garantir a seguridade viaria, neste caso tamén desde a perspectiva da conservación. Os traballos estarán rematados en poucas semanas.

A Deputación é titular de 265 pontes ao longo da súa rede provincial de estradas e ten en marcha un proceso constante de revisión destas estruturas. Ademais vixía e revisa as 95 pontes doutras Administracións (Estado, Xunta, Audasa, ADIF…) que cruzan por enriba as estradas provinciais. No marco desta revisión constante vanse realizando as actuacións de mantemento necesarias, como é o caso.

O investimento total nas estradas das comarcas do Deza e Tabeirós dende 2015 é de 12,8 millóns de euros, repartidos en 35 proxectos xa executados e completados. No Deza e Tabeirós hai un total de 84 estradas provinciais cun total de 474 Km, o que supón en torno ao 25% total da quilometraxe da rede provincial.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.