Luisa Sánchez asiste ao encontro sobre Mobilidade Sostible e Loxística na Automoción organizado pola Confederación Empresarial de Pontevedra

20/03/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe en Vigo ao encontro organizado pola Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) sobre Mobilidade Sostible e Loxística no Sector da Automoción da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal inaugurado pola directora xeral de Mobilidade da Xunta, Judit Fontenla. Nel déronse cita persoas expertas, empresas e entidades del sector para analizar os desafíos e a oportunidades na transición cara unha mobilidade máis sostible e as innovacións en loxística na industria automotriz.

A vicepresidenta provincial asistiu á mesa redonda que se celebrou baixo o título “A loxística no sector do automóbil: retos de futuro e mellora”, que foi moderada por Iago Domínguez, xerente do Clúster da Función Loxística de Galicia, e na que participaron responsables do Grupo Davila, de Serveo Industria e do Grupo Recalvi.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.