Luisa Sánchez asiste ao almorzo coloquio ofrecido polo Conselleiro de Emprego no Círculo de Empresarios de Galicia

20/03/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este xoves ao almorzo coloquio ofrecido polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, na sede do Círculo de Empresarios de Galicia. Trátase dunha conferencia enmarcada na terceira edición do encontro empresarial “MAPA_E 2025: Ecosistema de emprendemento e investimento de Galicia – En construción”, no que se deron cita empresarios, emprendedores, investidores e representantes institucionais, entre os que se atopa a Deputación a través do seu servizo SmartPeme+. O obxectivo deste encontro é analizar o presente, conectar talento, crear novas oportunidades e fortalecer o ecosistema de emprendemento e investimento en Galicia.