Constitución do xurado que avaliará os anteproxectos para a rehabilitación de Santa Clara
29/05/2023
Actuou como presidente do xurado o director do Museo Xosé Manuel Rey, e como vogais a xefa de xestión do Museo Sonia Mateos, o secretario da Deputación Carlos Cuadrado, a xefa do servizo provincial de Arquitectura Mª Carmen Gómez e unha arquitecta deste departamento, Sara Piñón.
Por designación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta participou Belén Suárez –xefa do servizo de Arquitectura na delegación en Pontevedra-, polo Concello de Pontevedra Rosa Magdalena Fernández, e polo COAG, Jesús Irisarri Castro.
Estiveron presentes en liña, Teresa Táboas, que tamén está no Consello Asesor do Museo (dende México DF); e Gonçalo Byrne, presidente da Orden dos Arquitectos de Portugal (desde Lisboa), así comoa directora do Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira en Cantabria, Pilar Fatás (dende Comillas).
A vindeira reunión de valoración quedou marcada para o 5 de xuño.