A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, destaca a aposta polo futuro da bicicleta do Club Ciclista Ponteareas na presentación da súa tempada 2024
23/03/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde no castelo de Sobroso á presentación da tempada 2024 do Club Ciclista Ponteareas-Escola Borja Gómez Méndez, na que destacou o club coma “un auténtico exemplo de paixón polo deporte. Xa son máis de 45 os anos que levades traballando e loitando polo deporte base. Sodes un club exemplar e é unha sorte tervos na provincia de Pontevedra”. Ao acto tamén asistiu a alcaldesa de Ponteareas e deputada provincial, Nava Castro.
Na súa intervención, a responsable provincial de Deportes quixo “tender a man” do Goberno da Deputación para impulsar o ciclismo, porque “temos un firme compromiso co deporte da provincia, que é unha das nosas liñas prioritarias”. Ademais, destacou a importancia de traballar para “colocar á provincia no escaparate mundial do mellor ciclismo, porque temos capacidade para acoller probas de primeiro nivel coma as que se organizan cada ano desde o Club Ciclista Ponteareas”.