#DEPORTES
Depo_orienta
Actividade de orientación na natureza
A Deputación de Pontevedra crea un novo programa na natureza, "Depo_Orienta" é unha actividade de orientación na natureza
A orientación é unha modalidade deportiva na que o obxectivo da ou do participante é realizar no menor tempo posible e contra o reloxo, un percorrido marcado no terreo por puntos de control, coa axuda única dun mapa (no que están representados eses puntos).
Quen pode participar?
Está dirixido ás persoas amantes dos deportes de natureza e aventura; "Depo_Orienta" abre a posibilidade de experimentar o deporte da orientación en diferentes paraxes da nosa provincia.
Nel poden participar persoas, grupos de amigas e amigos ou familias de calquera idade que se consideren aptas para levar a cabo a actividade.
Número de actividades e prazas
O programa "Depo_Orienta" ofrece 3 actividades totalmente gratuítas, cun máximo de 200 participantes en cada unha.
Formalización da inscrición
As e os participantes poderán inscribirse a partir do día designado para tal efecto pola Deputación e ata completar o límite de prazas.
Ofertaranse un total de 200 prazas. Aquelas persoas que se anoten con posterioridade (ata un máximo de 50) pasarán á lista de agarda. O prazo de inscrición rematará o luns anterior á realización da actividade, ás 10 horas.
No caso de non poder asistir á actividade na que estea inscrita ou inscrito deberá comunicarllo ao Servizo de Deportes antes do peche de inscricións, o luns anterior á realización da actividade ás 10 horas, enviando un correo electrónico co nome e o DNI a deportes@depo.gal; deste xeito pasará a ocupar a súa praza unha persoa da lista de agarda. A partir dese día as persoas que renuncien ou non asistan á actividade serán sancionadas e quedarán automaticamente excluídas do resto de actividades.
Ás persoas participantes confirmaráselles a asistencia a través de www.depo.gal, coa publicación da lista definitiva, e vía SMS.
Funcionamiento do programa
As e os participantes deberán desprazarse ao punto de partida da actividade, onde recibirán información sobre o funcionamento do programa e se lles entregarán os mapas e o material necesario para que esta se leve a cabo.
A actividade poderase realizar de forma individual ou por equipos e divídese en tres categorías segundo a dificultade: categoría Xestiñas (aprox. 3 km), categoría Xestas (aprox. 4 km) e categoría Xesteiras (aprox. 6 km).