Axenda de actividades provinciais

Exposición “Fotografía orixinal. Premios Provinciais á Xuventude 2017-2023”

Desde 2024-10-04 00:00:00.0 ata 2024-10-31 21:00:00.0
Vestíbulo do Pazo provincial
Exposición de Fotografía Orixinal, Premios Provinciais á Xuventude

Información

A Deputación de Pontevedra inaugura o vindeiro venres 4 de outubro, no vestíbulo do Pazo provincial, unha exposición de fotografía que recolle os traballos gañadores das últimas sete edicións dos Premios Provinciais á Xuventude e que pode visitarse ata o xoves 31 de outubro. A mostra forma parte das actividades complementarias que se realizan como parte da programación do I Encontro Literario e Artístico: Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, que terá lugar os días 17 e 18 de outubro no Museo de Pontevedra baixo o lema “Vivir das letras”.

A exposición inclúe 112 fotografías, das que 18 son individuais e 13 series compostas por un total de 94 fotografías. A categoría de fotografía orixinal é sempre unha das que máis solicitudes de participación recibe nos Premios Provinciais á Xuventude e continúa medrando ano tras ano, o que denota o especial interese da mocidade na creación artística.

Máis información