Exposición
Fotografía orixinal
Premios Provinciais á Xuventude 2017-2023
Desde 04/10/2024 ata 31/10/2024
Vestíbulo do Pazo provincial
A exposición "Fotografía orixinal. Premios Provinciais á Xuventude 2017-2023" é unha actividade que forma parte do I Encontro Literario e Artístico: Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, o cal terá lugar os días 17 e 18 de outubro de 2024 no Museo de Pontevedra. Esta mostra recolle os traballos premiados nas categorías de fotografía orixinal e serie fotográfica dos Premios Provinciais á Xuventude dos últimos sete anos. A mirada destas mozas e mozos da provincia retrata a realidade na que viven: as viaxes de Erasmus, a convivencia de culturas, as escenas de rúa, as contornas urbana e rural, o valor da tradición e as posibilidades da modernidade. Un tempo que é o mesmo e unha trintena de experiencias de diferenza que recrean un completo paseo no que, en calquera caso, se demostra que na provincia existe un gran talento e futuro tras a cámara.
Fotografías
- Andrea Mariño Aguilar
- Sarai Costas Deza
- Diego Ricón Herbello
- Rebeca López Villar
- Helena Constela Lorenzo
- Carolina Sertal Souto
- Claudia Gómez López
- Iago Manoel Souto Lorenzo
- Alma Alonso Costas
- Rosa Pardal Aragunde
- Sergio Vidal Alonso
- Roque Beloso Abilleira
- Lara Cores Piñeiro
- Cynthia Gómez Vázquez
- Regina Chamorro Misa
- David Outón Quintáns
- María Sarrapio Pol
- Irene Curra Piñeiro
- Ana Gómez Ferreira
Créditos
- Exposición organizada pola Deputación de Pontevedra. Servizo de Xuventude e Reto Demográfico
- Coordinación: Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra
- Comisariado: Begoña Fernández Lorenzo. Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra
- Deseño: Servizo de Comunicación Institucional da Deputación de Pontevedra
- Revisión lingüística: Servizos Lingüísticos da Deputación de Pontevedra
- Produción: Planoprint Artes Gráficas
- Montaxe: Servizo de Arquitectura da Deputación de Pontevedra