#ProvinciaSostible
Política ambiental
Modelo de provincia sostible
A Deputación de Pontevedra converteu a transición ecolóxica nun obxectivo transversal da acción do Goberno para tentar conseguir e aplicar un modelo de provincia máis sostible e así facerlles fronte a grandes retos globais coma o cambio climático, a contaminación etc.
Desde o Goberno desta institución impulsouse a implantación dun sistema de xestión ambiental no Pazo provincial de acordo cos requisitos establecidos na norma UNE-EN ISO 14001:2015, o que demostra o compromiso da Deputación de Pontevedra coa mellora continua do comportamento ambiental, e garante o cumprimento dos requisitos legais no que se refire á xestión ambiental, minimizando o impacto dos nosos servizos, prevendo a contaminación, establecendo obxectivos e accións de mellora e sensibilizando e formando permanentemente as persoas.
Precisamente de cara á sensibilización en materia medioambiental decidiuse elaborar unhas guías de boas prácticas, non só buscando a implicación e colaboración do persoal, senón de todas aquelas entidades, empresas etc. que colaboren coa Deputación de Pontevedra, ás que se lles fará chegar unha guía adaptada ao seu sector. Nelas pódense atopar prácticas ambientais sinxelas e útiles que temos que adoptar de cara a reducir o impacto ambiental das nosas actividades.
Guías