#AXENDA2030

Obxectivo 6

Garantir a dispoñibilidade e a xestión sostible da auga e o saneamento para todas as persoas

A garantía da subministración de auga en cantidade e en calidade suficientes é fundamental para o desenvolvemento da sociedade e para a loita contra a pobreza e as enfermidades en calquera parte do mundo. O carácter transversal da auga fai que sexa un recurso fundamental para o desenvolvemento sostible a nivel económico, social e ambiental. É unha realidade económica e un recurso imprescindible no mantemento dos ecosistemas, pero sobre todo é un dereito esencial para a vida e a dignidade dos seres humanos.


A escaseza de recursos hídricos, xunto coa mala calidade da auga e o saneamento inadecuado, repercute na seguridade alimentaria, nos medios de subsistencia e na oportunidade de educación para as familias pobres en todo o mundo. Afortunadamente, fixéronse algúns avances na última década e máis do 90 % da poboación mundial ten acceso a fontes de auga potable melloradas.

Ligazóns de interese