Fundación Residencia Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa

Fundación Residencia Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa

Obxecto da entidade

A finalidade principal da Fundación Residencia Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa é prestarlles atención social e asistencial ás persoas necesitadas, sobre todo por razóns de idade, enfermidade, dependencia ou exclusión social, que residan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e, por desexo da fundadora, preferentemente no municipio de Vilagarcía de Arousa, aínda que sen exclusión doutros.

Persoas destinatarias

A fundación está dirixida a persoas dependentes ou maiores que precisan de atencións e coidados nun centro residencial.

Actuacións

  • Atención de enfermería as 24 horas do día
  • Servizo médico
  • Atención e coidados permanentes de xerocultoras e xerocultores ou auxiliares de enfermería
  • Servizo de atención psicolóxica
  • Servizo de terapia ocupacional
  • Servizo de fisioterapia, rehabilitación e similares
  • Servizo de traballo social
  • Actividades de ocio e animación sociocultural
  • Servizo de farmacia
  • Servizo de peiteado e podoloxía
  • Servizo de lavandería
  • Servizo de cociña e comedor propios

Datos de contacto

Rúa Ramón Piñeiro López 11, 36600 Vilagarcía de Arousa