Dar Máis
- Ponteareas
- 618 781 223 y 986 660 193
- acasadaportelinha@gmail.com
O centro de acollida básica A Casa da Porteliña, xestionado pola asociación Dar Máis e situado en Ponteareas, está pensado para darlles teito a mulleres e homes con algunha enfermidade mental e en risco de exclusión social. Neste centro trabállanse as actividades básicas e instrumentais da vida diaria para que estas persoas sexan o máis independentes posible.
Este centro, de carácter aberto, conta con tres traballadoras: a coidadora e a directora, que teñen horario de mañá, e unha monitora de lecer, que traballa polas tardes para acadar diferentes obxectivos e realizar actividades de lecer, mantemento ou ximnasia cognitiva.
Datos de contacto
Rúa Porteliña 17, 36869 Bugarín (Ponteareas)