#BENESTAR SOCIAL
“+Benestar”
Programa de blanearios con pernoctación
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, pon en marcha o programa “+Benestar” 2024, unha iniciativa que ten por finalidade fomentar o envellecemento activo en establecementos hostaleiros das Rías Baixas (balnearios, talasos ou spas) e o mesmo tempo, pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia que impulse a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.
Consiste nunha estancia de seis días e cinco noites (entrada os domingos pola tarde e saída os venres despois de xantar) nun hotel con balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.
O programa contará con 2.127 prazas. Poderán beneficiarse del as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
- Estar empadroadas na provincia de Pontevedra
- Ter 55 anos ou máis
- No suposto de ter menos de 55 anos, deberá darse algunha das seguintes circunstancias:
- Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou co certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
- Posuír a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
- Ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do seu Concello, un respiro familiar.
- Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
- Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
- Poder realizar as actividades elementais da vida diaria de forma autónoma.
Os prezos dos establecementos ofertados, unha vez descontada a subvención da Deputación, detállanse no anexo II.
O prazo de presentación de solicitudes será do 16 de agosto ao 5 de setembro de 2024.
Ligazóns de interese
Documentos
-
RP do anuncio da aprobación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas (03/10/2024)
-
Relación provisional de persoas admitidas (03/10/2024)
-
Relación provisional de persoas non admitidas (03/10/2024)
-
RP do anuncio da aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, adxudicación de prazas e constitución da lista de agarda (18/10/2024)
-
Anexo I - Relación definitiva de persoas admitidas (18/10/2024)
-
Anexo II - Relación definitiva de persoas solicitantes excluídas (18/10/2024)
-
Anexo III - Relación de persoas con praza adxudicada (18/10/2024)
-
Anexo IV - Lista de agarda (18/10/2024)
-
Díptico informativo (Pdf)
-
Establecementos e prezos (Pdf)
-
Actividades de animación sociocultural (Pdf)
-
Tratamentos complementarios gratuítos
-
Cronograma (Pdf)
-
Informe de accesibilidade dos establecementos