A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, clausura a xornada Alzheimer de Preto en Vigo

06/11/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou hoxe a xornada Alzheimer de Preto en Vigo, que a institución provincial organiza xunto a FADEAL nos 61 concellos da provincia e que na cidade olívica correu a cargo da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia (AFAGA). A xornada, inaugurada pola deputada provincial Sandra Bastos, estivo configurada como unha guía de orientación e asesoramento nos primeiros pasos tralo diagnóstico de alzhéimer.

Luisa Sánchez quixo felicitar ás entidades implicadas neste proxecto e o seu “compromiso por achegar esta enfermidade á sociedade, dándolle a visibilidade que lle corresponde e sensibilizando á poboación” e lembrou que, na actualidade, unha de cada dez persoas maiores de 65 anos e un 33% de maiores de 85 padecen algún tipo de demencia. “Por iso o noso propósito é acompañarvos na difícil tarefa do coidado e a atención a unha persoa enferma con alzhéimer ou calquera tipo de demencia porque queremos que a nosa provincia sexa unha referencia no eido do benestar social”, asegurou a vicepresidenta.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.