Os vicepresidentes da Deputación exploran vías de colaboración co Teucro ás portas do seu 80º aniversario
09/08/2024
Os vicepresidentes da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, mantiveron este venres un encontro no Pazo provincial con membros da Xunta Xestora da Sociedad Deportiva Teucro. O obxectivo da reunión foi explorar posibles vías de colaboración entre a institución provincial e o club, que se atopa nestes momentos en plena campaña de socios para conmemorar os 80 anos que o Teucro, segundo club de balonmán máis antigo de toda España, fará en 2025 durante unha nova temporada xogando na 1ª División Nacional Masculina. Os vicepresidentes da Deputación garantiron o seu compromiso coa Sociedad Deportiva Teucro e a súa disposición a reforzar as sinerxías entre ambas, recalcando que o deporte é un dos obxectivos prioritarios do executivo provincial.