Luis López participa na terceira edición da Ruta BTT do Carneiro de Moraña
07/07/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este domingo na terceira edición da Ruta BTT do Carneiro de Moraña. Unha proba ciclista que partiu desde a Carballeira de Santa Lucía e na que decenas de afeccionados ao ciclismo, entre eles o mandatario provincial, completaron o percorrido polos montes do Concello.
Coa participación nesta carreira, o presidente fai mostra unha vez máis do apoio do goberno da Deputación ao tecido deportivo da provincia e ás carreiras populares que se celebran por todo o territorio.