Luis López desexa sorte aos xogadores da Selección Española de balonmán no adestramento previo ao partido contra Serbia que xogarán este mércores en Lalín
06/05/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este luns no pavillón Lalín Arena á sesión de adestramento da Selección Española absoluta de balonmán previa ao partido clasificatorio para o mundial previsto para o vindeiro mércores no mesmo escenario fronte ao combinado de Serbia. Unha cita decisiva que conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra.
O mandatario provincial tivo a oportunidade de saudar aos xogadores e desexarlle sorte para un partido vital no que contarán con todo o apoio da sociedade pontevedresa, que encherá as bancadas deste pavillón para afrontar con vantaxe o encontro de volta desta eliminatoria que se resolverá en Serbia.