Luis López participa na reunión do Consello de Goberno da Red Española de Ciudades Saludables da FEMP
30/09/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, na súa condición de vicepresidente segundo da Red Española de Ciudades Saludables (RECS), vén de participar este luns na reunión ordinaria do Consello de Goberno deste organismo dependente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Un encontro de traballo que serviu para facer seguimento das actividades impulsadas ao abeiro do Plan de Acción da RECS, das axudas concedidas por esta entidade e das actuacións levadas a cabo para a creación de contornas saudables, entre outros asuntos.