O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, avanza co equipo do Museo de Pontevedra nas propostas de mellora dos seus servizos
15/01/2024
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra acaba de rematar unha xuntanza de traballo cos diferentes departamentos que integran o Museo de Pontevedra na que analizaron a situación na que se atopa o organismo e as novas propostas de mellora dos seus servizos.
Rafa Domínguez aproveitou a ocasión para anunciar que nos próximos días se presentará a programación do Museo de Pontevedra prevista para este 2024.