Luis López visita ás nenas e nenos que participan na Plaza de España de Pontevedra na primeira edición da Copa 5x5 Balonmán na Rúa que organiza a Deputación

05/07/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto vicepresidente Rafa Domínguez, visitou este venres a cancha de balonmán que a Deputación instalou na Praza de España de Pontevedra na que se leva celebrando ao longo de toda a semana a primeira Copa 5x5 Balonmán da rúa, que impulsa o organismo provincial. Unha competición, na que participan 16 equipos de toda a provincia de categorías alevín e benxamín.

Unha nova mostra do compromiso do goberno provincial co fomento de hábitos de vida saudable entre a poboación máis nova da provincia e co deporte pois a celebración deste primeiro campionato redondea a aposta da Deputación polo balonmán, despois de traer á provincia ás seleccións masculina e feminina.