O deputado provincial Javier Tourís participa na plantación de 36 camelias na contorna do Camiño Taverneiro, en Salvaterra

29/07/2024

O deputado provincial Javier Tourís vén de participar este luns en Salvaterra nunha plantación de 36 camelias de distintas variedades na contorna do parque da Canuda, polo que transcorre o percorrido do Camiño Taverneiro. Neste acto no que participou o deputado responsable de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Finca do Areeiro, participaron preto de corenta mozos e mozas da provincia que participan no campamento de verán Campus Verde, así como a alcaldesa de Salvaterra do Miño, Marta Valcárcel.