Luis López asiste ao partido de clasificación para o mundial de balonmán entre España e Serbia disputado en Lalín, como mostra da aposta da Deputación polo deporte

08/05/2024

Partido de clasificación para o mundial de balonmán

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asistiron este mércores no Pavillón Lalín Arena ao partido de ida da eliminatoria para a clasificación para o mundial de balonmán que enfrontou ás seleccións de España e Serbia. Un encontro patrocinado pola Deputación que encheu as bancadas do pavillón lalinense de afeccionados para animar ao combinado español que se xogará no país balcánico o pase para o campionato do mundo.

A celebración deste partido, xunto co celebrado hai un mes no Porriño entre as seleccións femininas de España e Acerbaixán, son unha mostra da aposta da Deputación pola organización de eventos deportivos de grande interese en todo o territorio provincial.

 

Galerias de imaxes