A Deputación leva este domingo ata Moraña un concerto de Roi Casal no marco do programa provincial +Música
A actuación deste músico, compositor e cantante terá lugar ás 20:00 horas na Carballeira de Santa Lucía dentro da programación da Festa do Carneiro ao Espeto
26/07/2024
A Deputación de Pontevedra leva este domingo ata Moraña un concerto de Roi Casal no marco do programa +Música, a iniciativa coa que a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galegos co obxectivo de fomentar a cultura e a lingua. O concerto deste músico, compositor e cantante forma parte da programación da LV Festa do Carneiro ao Espeto e terá lugar ás 20:00 horas na Carballeira de Santa Lucía.
Roi Casal, natural de Catoira, é un dos grandes expoñentes da música galega actual a nivel internacional e presentará en Moraña “Ambos Mundos”, a súa nova xira na que porá sobre o escenario as súas producións en Estados Unidos xunto cos seus grandes éxitos. Mesturará, desta maneira, temas actuais e clásicos, ritmos latinos e o estilo pop máis puro dos seus inicios forman os grandes éxitos do artista para un gran directo. Así, durante os 120 min de espectáculo, Roi Casal e a súa banda realizan un percorrido polos temas mais exitosos da súa carreira e os novos singles nun espectáculo musical acompañado dun gran despliegue de medios de luz e son enfocado a todos os públicos que ten acadado gran éxito nas xiras dos últimos anos.
O concerto de Roi Casal trátanse dunha das 59 actuacións de +Música que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. Este programa provincial ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.