Luis López participa na Comisión de Deputacións Provinciais que a FEMP organiza en Ciudad Real
O presidente provincial, na súa condición de vicepresidente segundo da Rede Española de Cidades Saudables, estivo presente nunha sesión na que analizaron asuntos de interese común para as administracións provinciais do país
28/10/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este luns en Ciudad Real na reunión da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares promovida pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que tivo lugar no Palacio da Deputación de Ciudad Real.
Unha sesión de traballo na que o dirixente pontevedrés participou pola súa condición de presidente provincial e vicepresidente segundo da Rede Española de Cidades Saudables, organismo dependente da FEMP.
Despois de participar nos actos institucionais no pazo provincial de Ciudad Real, Luis López tomou parte na reunión da Comisión na que analizaron cuestións de de interese común para todas as administracións provinciais do país.