Luis López asiste á final da Copa Deputación de fútbol entre a Cultural Areas e o Villalonga como unha nova mostra do compromiso provincial co deporte

16/06/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asistiron este domingo á final da Copa Deputación de fútbol que enfrontou no Campo Federativo de Coia, en Vigo, á Cultural Areas e ao Villalonga.

Unha competición impulsada polo organismo provincial que supón unha nova mostra do compromiso da Deputación co deporte, co apoio aos clubs de fútbol non profesionais da provincia e coa promoción da actividade física e hábitos de vida saudable na provincia.