Luis López amosa o apoio da Deputación ás festas gastronómicas da provincia coa súa participación na LXIV Festa da Lamprea de Arbo

27/04/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, amosou o apoio do goberno provincial ás festas gastronómicas que se celebran na provincia coa súa participación este sábado na LXIV Festa da Lamprea de Arbo. Unha cita ineludible no calendario de festexos gastronómicos da provincia e que ademais está recoñecida como festa de interese turístico internacional.

O mandatario provincial estivo presente no tradicional acto de recepción de autoridades no Concello, asistiu á lectura do pregón e participou tamén no tradicional xantar da lamprea, unha experiencia 100 % Rías Baixas.