A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez asiste ás celebracións relixiosas en honra a San Mamede de Mos
07/08/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá nas celebracións relixiosas en honra a San Mamede, patrón de Mos, que tiveron lugar na igrexa de San Mamede de Torroso. Desta maneira, tras asistir á misa solemne en honor ao santo, tomou parte da procesión, que estivo acompañada coa Banda de Música Xuvenil de Torroso.