A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, participa na inauguración da Festa do Mexillón e do Berberecho

08/08/2024

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez, xunto cos deputados provinciais Nava Castro e Javier Tourís, asistiu hoxe á inauguración da XXX Festa do Mexillón e do Berberecho en Vilanova de Arousa, na que, ao longo desta fin de semana, miles de persoas desfrutarán destes dous produtos tradicionais da nosa gastronomía na carpa instalada na Praza do Castro. A vicepresidenta quixo aproveitar para eloxiar esta celebración, “que xa se ten convertido nunha cita imprescindible do calendario festival de festas, tanto da comarca do Salnés como de toda a provincia”.

Sánchez tamén quixo animar a veciños e visitantes a “celebrar a gastronomía pontevedresa arredor de dous dos nosos produtos estrela e participar na alegría compartida que supoñen as festas no verán pontevedrés”. Ademais da carpa gastronómica, a Festa do Mexillón e do Berberecho contará con outras propostas como os concertos de Panorama, Antonio Barros & Lis Pardo e Roi Casal.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.