O deputado Javier Tourís reúnese con Teresa Domínguez para ultimar detalles sobre os calendarios competenciais da Deputación de Pontevedra

05/06/2024

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e da Finca Areeiro, Javier Tourís, reuniuse hoxe coa psicopedagoga e mestra Teresa Domínguez para ultimar detalles dos calendarios competenciais da Deputación de Pontevedra do próximo curso. Trátase dunha ferramenta educativa que inclúe propostas de aprendizaxe e actividades para familias e docentes como buscas de tesouros, cine en familia, lecturas recomendadas, educación ambiental e responsable, actividades para realizar en inglés ou música. Os calendarios, que a Deputación presentará ao longo dos próximos días nun centro escolar da provincia, tamén buscan axudar ao alumnado de educación infantil, primaria e secundaria a coñecer recunchos únicos da provincia.