O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, participa no acto polo Día da Galicia Mártir
17/08/2024
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto institucional celebrado polo Día da Galicia Mártir que se celebrou no monumento a Alexandre Bóveda, na Caeira, en Poio. No acto, no que estiveron tamén membros das fundacións Castelao e Alexandre Bóveda; a filla do escritor, Amalia Bóveda; o conselleiro de Cultura da Xunta, José López Campos, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, o vicepresidente provincial participou na homenaxe con ofrenda floral que se realizou fronte ao monumento, e puido desfrutar do himno galego interpretado pola Escola Tradicional de Gaitas de Poio