Luis López remarca o apoio da Deputación ao sector vitivinícola da provincia no acto de Fin de Vendima que organizou a bodega Paco & Lola en Cambados

08/11/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este sábado na décimo quinta edición da Xornada de Convivencia con motivo do Fin da Vendima 2024 que organizou a Cooperativa Vitivinícola Arousana, propietaria da bodega Paco & Lola, no restaurante Casa Rosita de Cambados. Unha cita que o mandatario provincial aproveitou para lembrar o apoio de 350.000 euros que a Deputación destinará ás axudas a cooperativas agrogandeiras da provincia o vindeiro ano e que supón un aumento de 100.000 euros con respecto ao concedido neste 2024