A vicepresidenta Luisa Sánchez participa no torneo de profesionais contra amateurs do A1 Pádel Galicia Open
29/06/2024
A vicepresidenta e responsable de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá no torneo PROAM celebrado ao abeiro do A1 Pádel Galicia Open e que enfrontou algúns dos mellores profesionais deste deporte con persoas amateurs. O torneo no que tomou parte a vicepresidenta foi unha das actividades programadas para esta penúltima xornada do Galicia Open, na que se disputan as semifinais, entre as que se atopan un faladoiro de Almudena Cid, unha exhibición de pádel en cadeira ou a Festa do Verán, co DJ Jorge Álvarez.