#TRANSPARENCIA

Protección de datos de carácter persoal

Tratamento e normativa

A protección das persoas físicas en relación co tratamento de datos persoais é un dereito fundamental protexido polo artigo 18.4 da Constitución española que se exerce conforme o establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, xeral de protección de datos (RXPD) e na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).


Enténdese por dato de carácter persoal toda información sobre unha persoa física identificada ou identificable (persoa interesada); considerarase persoa física identificable aquela cuxa identidade se poida determinar, directa ou indirectamente, en particular mediante un identificador, por exemplo un nome, un número de identificación, datos de localización, un identificador en liña ou un ou varios elementos propios da identidade física, fisiolóxica, xenética, psíquica, económica, cultural ou social da devandita persoa.

A través deste apartado a cidadanía pode coñecer e exercer os seus dereitos en relación co tratamento que fai a Deputación dos seus datos persoais e a normativa que regula o tratamento destes datos, poñerse en contacto coa persoa delegada de protección de datos e coñecer aquelas actividades que realiza a Deputación que supoñen un tratamento de datos persoais.

RESPONSABLE DO TRATAMENTO

Quen ten a responsabilidade do tratamento?

Esta responsabilidade tena o órgano ou entidade que determina os fins e os medios do tratamento dos datos persoais. En cumprimento co establecido no RXDPD e na LOPDGDD, comunicámoslle que a responsable das actividades de tratamento dos seus datos é a Deputación de Pontevedra.

Datos da persoa responsable
Deputación de Pontevedra, pazo da Deputación Provincial, avda. Montero Ríos s/n, 36071 Pontevedra

  • +34 986 804 100
  • info@depo.gal

Existe unha ou un delegado de protección de datos con quen que poida contactar?

Si, as persoas interesadas poderán contactar coa persoa delegada de protección de datos (DPD) a través do formulario de contacto dispoñible.

FINALIDADE DO TRATAMENTO E LEXITIMACIÓN

Que se considera tratamento de datos?

Calquera operación realizada sobre datos persoais como a recollida, o rexistro, a organización, a estruturación, a conservación, a adaptación ou a modificación, a extracción, a consulta, a utilización, a comunicación por transmisión, a difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.

Con que finalidade trataremos os seus datos?

A Deputación de Pontevedra tratará os datos persoais das persoas interesadas, con carácter xeral, para xestionar os diferentes procedementos administrativos e informar sobre a súa tramitación, verificar ou comprobar a exactitude dos datos persoais que as persoas interesadas declaren que xa obran en poder das administracións públicas ou que previamente xa se achegasen, así como para realizar notificacións e tramitar recursos.

Ademais, os seus datos poderán ser tratados para xestionar peticións de información, suxestións, comunicacións en xeral e remitir boletíns informativos.

Cal é a base que nos lexitima?

Con carácter xeral, no caso da actividade de procedemento administrativo a base xurídica dos tratamentos será o cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poderes públicos. Tanto o interese público coma os poderes públicos que xustifican o tratamento deben estar establecidos nunha norma de rango legal. En determinados supostos o tratamento virá lexitimado polo consentimento das persoas interesadas. En todo caso, a base da lexitimación recollerase nas cláusulas informativas básicas dispoñibles nos formularios de recollida de datos persoais.

Durante canto tempo trataremos os seus datos?

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres non solicite a súa supresión ou cancelación e sempre que resulten adecuados, pertinentes e limitados ao necesario para os fins para os que sexan tratados.

DESTINATARIOS DOS DATOS

Cederemos os seus datos?

Os seus datos poderán ser comunicados, segundo a lexislación vixente e sempre que sexa necesario para a xestión do procedemento ou petición, a outras administracións públicas no exercicio das súas competencias, a organismos financiadores, a diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios da Deputación de Pontevedra para dar a publicidade legalmente esixida nos procedementos onde sexa necesaria.

As cláusulas informativas básicas incluirán, en todo caso, os destinatarios concretos dos datos.

NORMATIVA DE APLICACIÓN
EXERCICIO DE DEREITOS

Que dereitos o/a amparan en relación co tratamento dos seus datos?

As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade dos datos, segundo o establecido nos artigos 15 a 22 do RXPD e nos artigos 12 a 18 da LOPDGDD.

Deste xeito, calquera persoa interesada ten dereito a obter confirmación sobre se na Deputación de Pontevedra se están a tratar datos persoais dos que vostede é titular.

Así mesmo, tal como se prevé no RXPD e na LOPDGDD, informámola ou informámolo de que vostede ten os seguintes dereitos:

  • Acceder aos seus datos: a través do exercicio deste dereito pode coñecer os seus datos de carácter persoal que están a ser tratados por parte da Deputación de Pontevedra, a finalidade deste tratamento, a orixe dos citados datos e se se comunicaron ou se lle van comunicar a un terceiro.
  • Rectificación dos seus datos: consiste na posibilidade de que mediante o seu exercicio ante o responsable que trata os seus datos persoais modifique aqueles datos que sexan inexactos ou estean incompletos, debendo na solicitude de rectificación indicar que datos desexa que se modifiquen. A esta solicitude deberá achegarlle a documentación xustificativa correspondente.
  • Supresión de datos (dereito ao esquecemento): a través do exercicio deste dereito poderá solicitar a supresión dos datos persoais sen dilación debida cando concorra algún dos supostos legalmente contemplados. Por exemplo, tratamento ilícito de datos ou cando desaparecese a finalidade que motivou o tratamento ou a recollida. Con todo, existe unha serie de excepcións nas que non procederá este dereito. Por exemplo, cando deba prevalecer o dereito á liberdade de expresión e información.
  • Limitación do tratamento: solicitar a limitación do tratamento dos seus datos nos supostos contemplados pola lexislación vixente, que se conservarán unicamente para o exercicio ou a defensa de reclamacións, tal como prevé o RXPD ao que se remite a propia LOPDGDD
  • Á portabilidade dos seus datos: en determinadas circunstancias terá dereito a recibir os datos persoais que lle incumban, que nos facilitará, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a llelo transmitir a outro responsable do tratamento.
  • Oporse ao tratamento dos seus datos: en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular poderá oporse ao tratamento dos seus datos, caso no que deixariamos de tratalos salvo por motivos lexítimos imperativos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
  • Contactar coa persoa delegada de protección de datos: as persoas interesadas poderán poñerse en contacto coa persoa delegada de protección de datos da Deputación de Pontevedra polo que respecta a todas as cuestións relativas ao tratamento dos seus datos persoais e ao exercicio dos seus dereitos a través do formulario de contacto dispoñible.
  • Dereito a non estar suxeito á toma de decisións automatizadas: non estar suxeito a decisións que se basean unicamente en tomas de decisións automatizadas, o que inclúe a creación de perfís, cando a decisión poida ter un efecto legal sobre vostede.
  • Presentar calquera reclamación ante a autoridade de control: as persoas interesadas terán tamén o dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos: C/ Jorge Juan, 6. 28001. MADRID.

Cando responderemos á súa solicitude?

Responderemos ás súas peticións o máis axiña posible e, en calquera caso, no prazo dun mes desde a recepción da súa solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso necesario e previa comunicación, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.

Ten dereito a retirar o seu consentimento?

As persoas interesadas teñen dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Onde debe dirixirse para o exercicio dos seus dereitos?

Para o exercicio dos dereitos recoñecidos as persoas interesadas deberán formular a petición correspondente por vía electrónica a través do formulario de instancia xenérica dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra ou presencialmente a través do formulario de instancia xenérica e presentalo debidamente asinado na rede de oficinas de asistencia en materia de rexistros dirixido á Deputación de Pontevedra.

CANLE DE COMUNICACIÓN COA PERSOA DELEGADA DE PROTECCIÓN DE DATOS
REXISTRO DE ACTIVIDADES DE TRATAMENTO DE DATOS