#TRANSPARENCIA
Persoa delegada de protección de datos
Canle de comunicación
No artigo 37.1 do RXPD disponse que as e os responsables e encargados do tratamento deberán designar unha persoa delegada de protección de datos (DPD) no suposto de que "o tratamento o leve a cabo unha autoridade ou organismo público", tanto en calidade de responsable coma en funcións de encargada de tratamento.
Ao mesmo tempo, o artigo 34 LOPDGDD reforza esta idea, xa que establece que as e os responsables e encargados do tratamento deberán designar unha persoa delegada de protección de datos nos supostos recollidos no RXPD.
Que responsabilidade ten a persoa delegada de protección de datos e en que a ou o pode axudar?
Unha persoa delegada de protección de datos ten que supervisar o cumprimento interno da normativa vixente en materia de datos persoais.
Cales son as funcións da persoa delegada de protección de datos?
Conforme ao RXPD e á LOPDGDD as principais funcións da persoa delegada de protección de datos son:
- Informar e asesorar a persoa responsable ou encargada do tratamento e o persoal empregado que se ocupe do tratamento das obrigas que lles incumben, en virtude da normativa vixente na materia
- Supervisar o cumprimento do disposto no RXPD, na LOPDGDD e nas políticas da persoa responsable ou da encargada do tratamento en materia de protección de datos persoais
- Actuar como interlocutora da ou do responsable ou encargado do tratamento ante a Axencia Española de Protección de Datos e das autoridades autonómicas
- Inspeccionar os procedementos relacionados co obxecto da LOPDGDD e emitir recomendacións no ámbito das súas competencias
- Intervir en casos de reclamación ante as autoridades de protección de datos